Recepcion no Concello de Vilagarcia
marzo 11, 2023
Gran recepción no dia 17 de xuño no Concello de Vilagarcía. 👏🏽👏🏽
Unha representación do noso Clube recibiu de mans do Alcalde, acompañado polo Concelleiro de Deportes, unha placa conmemorativa e de recoñecimento polos éxitos acadados nesta tempada.
Os mais cativos e non tan cativos do clube desfrutaron metendo por primeira vez na historia, unha PIRAGUA no salón Nobre.
A cita serviu tambén para facer mención a débeda, segundo palabras do propio Acalde, que a Cidade ten co clube de Piragüismo, o noso Presidente recordou que o Piragüismo é o eterno olvidado na Vila e que estamos ansiosos por recibir as novas instalacións náuticas.
Orgullosos e contentos da recepción, estamos desexando regresar con mais exitos.
